Saturday 04 de May de 2024

Ordes vólcase para conmemorar o 50 aniversario da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña


Martínez Sanjurjo destacou “a importancia desta agrupación ao ser pioneiras na constitución do tecido asociaciotivo hai máis de 30 anos”

A casa da cultura de Ordes encheuse de público de todas as idades para desfrutar da gala conmemorativa do 50 aniversario da Asociación Provincial del Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña. Durante máis de hora e media todas e todos os asistentes puideron disfrutar cos monólogos de Xulia, as actuacións do grupo Jazz do pendello, da Asociaión Amigos do Acordeón de Sigüeiro, dos sons tradicionais de Sementes da Arte, Camiño Real de Poulo e Somos nós e, pechando o encontro, coa Banda de Música de Ordes.
No seu turno de palabra Rosa Celia Otero Raña enfatizou a colaboración recibida pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gadis, Mercadona, Vegalsa-Eroski, Estrella de Galicia e Ecoembes á hora de facer realidade este acto. Tamén tivo palabras de agradecemento hacia María José Barreiro Cores, polo labor que ven desenvolvendo a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Ordes, e lembrou que, neste último medio século, “puidemos avanzar nos nosos dereitos, pero aínda máis temos que conseguir na cuestión da igualdade cos homes”. A presidenta provincial da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios, ademais de presidenta doutras asosciacións como a antidroga Antonio Noche ou a de Axuda e Atencón ao Preso e vicepresidir a de Mulleres Empresarias de Galicia, asegurou que a día de hoxe falta “o recoñecemento ao extraordinario labor que realizamos, porque ao marxen de coidar dos nosos fogares tamén traballamos no campo, na industria, no sector servizos e, día a día, damos exemplo de coraxe, valentía e decidida determinación para sacar adiante as nosas familias e conquistar o lugar que nos corresponde nunha sociedade máis xusta e igualitaria”.
Reivindicacións sociais
Nun tono reivindicativo, lembrou que “as mulleres deste tempo crían aos fillos e fillas, coidan, ás veces, dos pais e netos sen ter dereito a unha pensión de xubilación despois dun divorcio ou separación. Por iso, unha das nosas reivindicacións segue sendo que se poida cotizar á Seguridade Social como no seu momento se fixo cos hombes e mulleres do campo, para non ter que pedir por favor o que lles corresponde por dereito”. A presidenta provincial concluíu a súa intervención cun chamamento aos máis xóvenes: “Necesitamos xente nova que siga loitando por unha igualdade da muller que aínda non logramos”.

Previamente foi o turno para a presidenta da asociación de Ordes, María José Barreiro Cores, que fixo un repaso polos éxitos e proxectos da entidade nos ámbitos culturais, gastronómicos, formativos e lúdicos.

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, cerrou o apartado dos discursos citando a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Ordes como “as pioneiras no tecido asociativo do municipio cando se constituíron hai máis de 30 anos”. O rexedor tamén agradeceu a colaboración e estreita sintonía mantida con Concello á hora de emprendere proxectos e eventos tan importantes como a cabalgata de Reis. Martínez Sanjurjo volveruse a reafirmar no seu compromiso institucional de axudar e contribuír no desenvolvemento e crecemento da dita asociación, “un xeito de manter viva a vila e boa parte das nosa parroquias”, así como no de “continuar percorrendo ese camiño, do que tanto falta aínda por completar, para acadar a plena ingualdade”. O alcalde referiuse ás amas de casa como “as auténticas heroínas desta sociedade e de tempos pasados, sendo a mellor economista de toda a historia e con capacidade de actuar como o verdadeiro motor de cada familia”.
Después de Ordes, la próxima gala se celebrará el 18 de noviembre, en Carballo.